O cantante estadounidense Adam Lambert, que saltou á fama no concurso de talentos "American Idol", encabezará aos lexendarios Queen na súa única actuación mundial, no Sonisphere UK, festival que terá lugar en Knebworth (Reino Unido), o 7 de xullo.
Con este concerto, Queen regresará vintiseis anos despois ao lugar onde o carismático Freddie Mercury ofreceu o seu último concerto xunto á banda inglesa.
Os fundadores de Queen, Brian May e Roger Taylor, tocaron por primeira vez con Lambert na cerimonia dos MTV Europe awards, onde o grupo recolleu o premio de Icono Global.
