O éxito do segundo traballo de Adele semella imparable. Segundo a Official Charts Company, "21" conseguiu superar en vendas a "Bad", de Michael Jackson, entre os dez discos máis vendidos na historia de Reino Unido. En concreto, e con 4,02 millóns de copias vendidas neste país, ocupa o oitavo lugar. Os tres primeiros postos desa relación son para The Quenn, con "Greatest hits" (5,86 millóns), The Beatles, con "Sergeant Pepper´s loney hearts club band" (5,04 millóns), e Abba con "Gold: Greatest hits" (4,98 millóns).
