102.1 Santiago · 310 R-Cable · 21 TDT
Domingo, 29 de Mayo de 2016
Programación
  • Imprimir
  • Enviar por correo

Galicia Importa trae a Santiago a Jon Spencer Blues Explosion

Jon Spencer Blues Explosion, en concerto en Santiago o martes 13 de marzo - FOTO: Agadic
Jon Spencer Blues Explosion, en concerto en Santiago o martes 13 de marzo - FOTO: Agadic

SANTIAGO. RO  | 07.03.2012 
A- A+

Chega a Santiago unha nova edición de Galicia Importa. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina un ano máis este evento que dá comezo este mes de marzo coas actuacións de The Jon Spencer Blues Explosion o martes 13 na sala Capitol de Santiago e de Thurston Moore –alma mater da banda Sonic Youth– o mércores 14 no Centro Cultural Ágora da Coruña, ás 21.00 horas en ambos casos. Estas son as dúas primeiras confirmacións do total de sete concertos que a produtora viguesa Sweet Nocturna organizará en 2012 dentro desta programación, que como explicou o director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, supón a inclusión de Galicia como destino a ter en conta para as xiras de figuras internacionais de referencia en moi diferentes estilos.

Jon Spencer (voz e guitarra), Judah Bauer (guitarra e voz) e Russell Simins (batería) son The Jon Spencer Blues Explosion, trío formado en Nova York a primeiros dos noventa e considerado como o impulsor do blues punk. En 1994 editaban o seu frenético Orange, disco no que xa bebían das raíces negras do rock’n’roll para llelas ofrecer ao público nunha visceral revisión. Co paso dos anos, os seus discos posteriores e os seus numerosos concertos por todo o mundo teñen acrecentado esta fama de apisoadora do raw rock’n’roll.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Radio Obradoiro envíe un
e-mail a info@radioobradoiro.com. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies