Jorge Drexler, que se encontra promocionando o seu novo traballo "Amar la trama", en América Latina, afirma que usa Latinoamérica como un refuxio para escapar do pesimismo que se vive en España e en toda Europa por culpa da crise económica. O cantante uruguaio, gañador dun Oscar en 2005 por "Al otro lado del río", está ofrecendo concertos en formato acústico, acompañado únicamente da súa guitarra.